Ir o contido principal
Concello de Pontecesures

Outras Áreas Municipais

Técnico Local de Emprego

O Concello de Pontecesures forma parte do Programa Integrado de Emprego, xunto a Dodro, Catoira, Padrón, Rois e Valga.

Na edición 2024-2025, acadouse unha inserción laboral do 40% entre as veciñas e veciños de Pontecesures que participaron no programa.

  • Asesoramento e Orientación na procura activa de emprego.
  • Asesoramento e Orientación ó autoemprego (autónomos).
  • Información de OPEP edemanda de postos por parte da empresa.
  • Información e participación nos procesos selectivos de contratación de persoal postos en marcha polo Concello de Pontecesures e polo Programa Integrado de Emprego.

O seu responsable é José Francisco Rodríguez Fructuoso.

OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)

Mocidade: Axudas, subvencións, trámites académicos e calquera outra xestión vencellada á administración pública.

Información e axuda na tramitación de inscrición en Campamentos de Verán da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra ou calquera outra administración.

Información, asesoramento e apoio na realización de trámites administrativos ás asociacións culturais, veciñais, sociais e deportivas do Concello de Pontecesures.

Interlocutor con empresas de xestión cultural.

O seu responsable é o Informador Xuvenil Francisco Freiría Oliveira.

Vixiancia Municipal

Para temas de Seguridade Cidadá, tráfico, incidencias na vía pública ou de natureza análoga.

Para animais abandonados e/ou xacentes na vía pública, fóra do horario presencial da Vixiancia Municipal, chamar ó 112 que o porá en contacto co servizo de Recollida de Animais da CAAN.

Horario de 07:30 a 21:30 horas, salvo situacións excepcionais que requiran a presenza dos vixiantes noutra franxa horaria. 

112 para calquera emerxencia de índole sanitaria, seguridade cidadá, incendios, etc...