Ir o contido principal
Qué visitar en Pontecesures

Patrimonio

O patrimonio de Pontecesures recolle a pegada da súa historia, a súa tradición mariñeira e o seu valor cultural. Igrexas, cruceiros e pontes conforman un legado que fala das súas raíces e da identidade do pobo.

O Alfolí

O Alfolí (século XVIII) - (C) CRTVG

Edificio barroco do século XVIII, destinado á almacenaxe de sal, tabaco, xofre...
Testemuña da importancia de Pontecesures na época ao ser o único porto habilitado para a descarga de sal desde 1467. En 1990 sofre o incendio que destrúe todo o interior. Conserva na fachada o escudo borbónico e o seguinte texto: “LOS ALMACENES DE LA RENTA DEL TAVACO CONSTRUIDOS EN EL AÑO DE MDCCVC REINANDO EL SEÑOR DN CARLOS IV".

O coche de pedra

O Coche de Pedra

En 1985 inaugúrase o monumento conmemorativo O coche de pedra, unha réplica do primeiro coche a gasolina que circulou por Galicia, un Renault Freder. Manuel Castelo representa, labrado en granito, aquel que fora exposto na primeira e segunda edicións da Feira do Automóbil de Ocasión sobre un pedestal de ladrillos.

Da man da xente do lugar, representada por Eugenio Escuredo Lastra e Salvador Sierra Trasande, Pontecesures foi, en 1925, a primeira localidade española en organizar unha feira de automóbiles de ocasión, tomando como exemplo a de Leipzig, en Alemaña, unha das máis importantes da época a nivel mundial.

Ata ese momento todas as realizadas en España eran mostras de vehículos novos. A raíz do éxito da feira organizáronse outras similares en 1926, 1950 e 1954.

Capela de San Xulián

Capela de San Xulián

Capela románica feita construír polo Bispo Xelmírez, cunha remodelación no 1918 na que se atoparon restos romanos, que foron catalogados polo Museo Provincial de Pontevedra.

A Ponte

A Ponte (século I)

Construída no século I, con remodelacións posteriores (a máis importante deseñada polo Mestre Mateo no século XII). Consta de dez arcos sobre o río Ulla e une as provincias de Pontevedra e A Coruña.

Cruceiro de Porto

Cruceiro do Porto (século XX)

Cruceiro do século XX que se atopa na Praza dos Valeiros, no lugar de Porto.

Fito Xacobeo

Fito Xacobeo

Inaugurado o 21 de agosto de 1966 con motivo da Ruta Fluvial Xacobea a través do Río Ulla.

Cruceiro de Carreiras

Cruceiro das Carreiras (1747)

Data do ano 1747. No nacente figura a imaxe da Raiña dos Anxos, patrona do lugar.

Cruceiro de San Xulián

Cruceiro de San Xulián (século XIV)

Cruceiro do século XIV que pertenceu á desaparecida capela de San Lázaro. Cabe sinalar que a capela formaba parte da Malatería ou Hospital de Leprosos, tamén chamado Obra Pía de San Lázaro.