Concello de Pontecesures
Concellería de Servizos Sociais
A concelleira de Servizos Sociais é Concepción Gómez Figueira.
Os Servizos Sociais, unha aposta pola igualdade e o benestar
Os Servizos Sociais son o conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación. Lei 13/2008, do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia.
PROGRAMAS MUNICIPAIS
- Orientación, asesoramento e información
- Axuda no fogar
- Inserción Social
RECURSOS POR SECTORES DE POBOACIÓN
- Familia, Infancia e Mocidade
- Persoas maiores
- Persoas con discapacidades
- Persoas con drogodependencias
- Marxinación social
- Migracións
Os servizos sociais municipais informan, orientan e asesoran á cidadanía, aos grupos e á comunidade en xeral sobre os distintos dereitos, deberes e recursos en materia de servizos sociais, e dos procedementos que é preciso seguir para o seu exercicio.
Asimismo tramitan entre outras prestacións:
- Renda de integración social de Galicia
- Emerxencia social
- Tarxetas Benvida
- Pensións non contributivas
- Prestacións do sistema de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia
- Acceso aos programas e equipamentos dos servizos sociais de atención primaria
Onde dirixirse?
A concellería de Servizos Sociais do Concello de Pontecesures.
- Teléfono da Escola Infantil Municipal: 986 557 623
- Correo electrónico:concelleria.ssociais@pontecesures.org