Ir o contido principal

Feiras do Automóbil

Pontecesures

Ferias do Automóbil

HISTORIA DAS FEIRAS DO AUTOMÓBIL DE OCASIÓN DE PONTECESURES

1925 - 1926 - 1950 - 1954

No ano 1925, un grupo de amigos –veciños de Pontecesures- comezaron a pensar na idea de levar a cabo unha feira do automóbil. Esta idea xurdíu ao darse conta que nas feiras de cabalos que daquela se celebraban pola zona, no medio dos cabalos expoñíase algún vehículo para a súa venta, polo tanto, si había feiras de cabalos que eran o medio de transporte da época, ¿por qué non podía haber feiras de automóbiles? que xa se empezaban a ver polas nosas rúas.

Con este pensamento os señores Eugenio Escuredo e Salvador Sierra viaxaron á cidade alemana de Leipzig, onde se celebraba unha feira destos cacharros chamados automóbiles. Cando voltaron de Alemania contaron ao resto do grupo todo o alí visto e puxéronse a traballar. O día 27 de xuño de 1925 inaugurábase a a Feira do Automóbil de Ocasión, na que está presente o primeiro automóbil que circulou por Galicia.

Monumento Coche antigo

Durante 3 días a Feira foi é visitada por máis de 10.000 persoas. Expóñense un total de 598 vehículos e o valor de todo o material exposto supera os 5 millóns da época.

Cartel da Feira de 1925 de Carlos Maside

O éxito é total e ten unha gran repercusión nos medios de comunicación da época. Esta feira está recoñecida como a primeira celebrada en España destas características, nela colaboraron artistas do talle de Carlos Maside, Castelao, Oria Moreno, Granell, etc.

Monumento Coche antigo 2

Na actualidade moitas rúas de Pontecesures levan os nomes daqueles que fixeron posible as feiras do automóbil de ocasión. Esta é a nosa homenaxe a todos eles, amantes dos vehículos e do seu pobo, como foron: Eugenio Escuredo, Salvador Sierra, Víctor García, Ramón Piñeiro, José Novo, Jesús Cabeza, José Sierra, Baldomero Carlés, Luís Diéguez, Luciano García, Carlos Morales, e Feliciano Touceda.

Posteriormente celebraronse 3 edicións máis desta Feira nos anos 1926, 1950 e 1954.

Campo da Insua na Feira do ano 1950

No ano 1985 en conmemoración destas Feiras do Automóbil de Ocasión púxose na rúa San Lois de Pontecesures o Monumento "O Coche de Pedra", unha réplica daquel primeiro coche que circulou por Galicia.

Monumento O Coche de Pedra
Foto coche na Feira 2007
Foto moto na Feira 2007
Foto recambios na Feira 2007
Foto recambios na Feira 2007

No ano 2007 celebrouse o 15 de abril a I edición da FEIRA DO AUTOMÓBIL ANTIGO –exposición e venta-. No ano 2008 o 6 de abril. Na organización destas dúas feiras, 2007 e 2008, colaborou co Concello de Pontecesures a Asociación MIRANDOLLE OS DENTES. Para contactar con esta asociación pódese facer no seginte e-mail: mirandolleosdentes@gmail.com

Foto Feira 2008. Primeiro automóbil a gasolina que circulou por Galicia con placa PO-02
Foto Feira 2008
Foto Feira 2008

No ano 2009 a Feira do Automóbil celebrouse o 5 de abril.

Foto Feira 2009
Foto Feira 2009
Foto Feira 2009

HISTORIA DAS FEIRAS DO AUTOMOBIL DE OCASION DE PONTECESURES

HISTORIA DAS FEIRAS DO AUTOMOBIL DE OCASION DE PONTECESURES

CARTEL FEIRA AUTOMOBIL ANTIGO 2008

CARTEL FEIRA AUTOMOBIL ANTIGO 2008

Fotografía Campo Insua 1950

Fotografía Campo Insua 1950

Fotografía Monumento Coche Antigo

Fotografía Monumento Coche Antigo

Fotografía Monumento Coche Antigo 2

Fotografía Monumento Coche Antigo 2

Cartel da Feira de 1925 de Carlos Maside

Cartel da Feira de 1925 de Carlos Maside

Reportaxe fotográfica da Feira do Automóbil Antigo 2007

Reportaxe fotográfica da Feira do Automóbil Antigo 2007