Actividade de observación astronómica
Actividade divulgativa científica de aproximación á observación da eclipse do vindeiro día 12 de agosto.
De xeito ameno e rigoroso, tomaremos contacto cos tipos de eclipse e as medidas de seguridade ocular nas observacións.
Baixo o asesoramento da Área de Astronomía e Astrofísica da Universidade de Vigo, serán resoltas as dúbidas e preguntas do público asistente por parte de persoal científico experto na materia.
Ao finalizar, realizarse unha observación solar dende o Mirador do Pino Manso a través dun telescopio solar e prismáticos equipados con filtros homologados. Entregaranse a todas e todos os participantes unhas gafas de observación solar certificadas para este fin.
Data remate evento