Ir o contido principal

Outras Áreas Municipais

Concello de Pontecesures

Outras Áreas Municipais

Técnico Local de Emprego

O Concello de Pontecesures forma parte do Programa Integrado de Emprego, xunto a Dodro, Catoira, Padrón, Rois e Valga.

Na edición 2024-2025, acadouse unha inserción laboral do 40% entre as veciñas e veciños de Pontecesures que participaron no programa.

  • Asesoramento e Orientación na procura activa de emprego.
  • Asesoramento e Orientación ó autoemprego (autónomos).
  • Información de OPEP edemanda de postos por parte da empresa.
  • Información e participación nos procesos selectivos de contratación de persoal postos en marcha polo Concello de Pontecesures e polo Programa Integrado de Emprego.

O seu responsable é José Francisco Rodríguez Fructuoso.

OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)

Mocidade: Axudas, subvencións, trámites académicos e calquera outra xestión vencellada á administración pública.

Información e axuda na tramitación de inscrición en Campamentos de Verán da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra ou calquera outra administración.

Información, asesoramento e apoio na realización de trámites administrativos ás asociacións culturais, veciñais, sociais e deportivas do Concello de Pontecesures.

Interlocutor con empresas de xestión cultural.

O seu responsable é o Informador Xuvenil Francisco Freiría Oliveira.

Vixiancia Municipal

Para temas de Seguridade Cidadá, tráfico, incidencias na vía pública ou de natureza análoga.

Para animais abandonados e/ou xacentes na vía pública, fóra do horario presencial da Vixiancia Municipal, chamar ó 112 que o porá en contacto co servizo de Recollida de Animais da CAAN.

Horario de 07:30 a 21:30 horas, salvo situacións excepcionais que requiran a presenza dos vixiantes noutra franxa horaria. 

112 para calquera emerxencia de índole sanitaria, seguridade cidadá, incendios, etc...

Servizos Sociais

Concello de Pontecesures

Servizos Sociais

Os servizos que se levan dende esta área son:

  • Asistencia primaria
  • Asistencia social
  • Servizo de axuda no fogar
  • Educación familiar
  • Educación de adultos
  • Xestión da gardería, etc...

 

A súa responsable é a Traballadora Social Mª Consuelo Ordóñez Martínez.

  • Teléfono: 986 564 409
  • Correo electrónico:ssociais@pontecesures.org
  • O horario de atención ao público é:
    • Luns: 10:00 a 14:00 horas.
    • Martes e venres: 09:00 a 14:00 horas.
    • É indispensable solicitar cita previamente no teléfono indicado.

 

Educadora Familiar

A súa responsable é a Educadora Social Vanessa Autrán  Fernández.

Urbanismo Oficina Técnica

Concello de Pontecesures

Urbanismo Oficina Técnica

O Arquitecto Municipal é Carlos Besada Ferreiro.

  • Horario de atención ao público: Martes de 9:30 a 14:30 horas. 

PXOM Normativa PDF

PXOM Polígonos PDF

PXOM Ordenación 1

PXOM Ordenación 2

PXOM Núcleo rural Grobas-Fenteira

PXOM Núcleo rural A Tarroeira

PXOM Urbano 1

PXOM Urbano 2

PXOM Urbano 3

PXOM Urbano 4

PXOM Urbano 5

PXOM Urbano 6

PXOM Urbano 7

PXOM Urbano 8

PXOM Urbano 9

PXOM Urbano 10

PXOM Urbano 11

Concellería de Servizos Sociais

Concello de Pontecesures

Concellería de Servizos Sociais

A concelleira de Servizos Sociais é Concepción Gómez Figueira.

 

Os Servizos Sociais, unha aposta pola igualdade e o benestar

Os Servizos Sociais son o conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación. Lei 13/2008, do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia. 
 

PROGRAMAS MUNICIPAIS

  • Orientación, asesoramento e información 
  • Axuda no fogar 
  • Inserción Social

 

RECURSOS POR SECTORES DE POBOACIÓN

  • Familia, Infancia e Mocidade 
  • Persoas maiores 
  • Persoas con discapacidades 
  • Persoas con drogodependencias 
  • Marxinación social 
  • Migracións

 

Os servizos sociais municipais informan, orientan e asesoran á cidadanía, aos grupos e á comunidade en xeral sobre os distintos dereitos, deberes e recursos en materia de servizos sociais, e dos procedementos que é preciso seguir para o seu exercicio.
 
Asimismo tramitan entre outras prestacións:
  • Renda de integración social de Galicia
  • Emerxencia social
  • Tarxetas Benvida
  • Pensións non contributivas
  • Prestacións do sistema de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia
  • Acceso aos programas e equipamentos dos servizos sociais de atención primaria

Onde dirixirse?

A concellería de Servizos Sociais do Concello de Pontecesures.

Departamentos

Concello de Pontecesures

Alcaldía, Concellerías, Servizos e Outras Áreas

COAM (1978). Arquitectura, Revista del Colegio Oficial de Arquitectos de Madrid (nº 212), pp.24-25

O Concello de Pontecesures pon á disposición da veciñanza este apartado no que se recolle información detallada sobre a Alcaldía, as distintas Concellerías, os Servizos municipais e outras áreas de xestión e servizos. A través destes departamentos canalízanse as funcións de goberno e administración local, ofrecendo á cidadanía datos de contacto, atención e referencia que permiten un acceso máis áxil e transparente á vida municipal.

O obxectivo é facilitar a comunicación entre a veciñanza e a administración, garantindo unha xestión próxima, eficiente e orientada a dar resposta ás necesidades da comunidade de Pontecesures.

Subscribirse a