OBRAS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NO CENTRO SOCIAL DE PONTECESURES
Estanse realizando as obras de mellora no centro social do concello de Pontecesures, denominadas “MELLORA DA EFICIENCIA ENERXETICA DO CENTRO SOCIAL DE PONTECESURES” logo da subvención tramitada ao abeiro do establecido na Orde do 27.01.2025 da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual (2025-2026) e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais.
Dito proxecto “MELLORA DA EFICIENCIA ENERXETICA DO CENTRO SOCIAL DE PONTECESURES”, conta cun orzamento total de 111.016,14 € IVE incluído (104.966,14 de execución de obra, e 6.050,00 € de honorarios de redacción do proxecto).
Importe da subvención: 88.812,91 €, dos casi a Unión Europea, a través do Feder achega 66.609,68 € (60%), e a Xunta aporta con Fondos da Comunidade Autónoma otros 22.203,23 € (20%); e por último a achega municipal do Concello de Pontecesures é polo 20% restante, outros 22.203,23 €.
Cando rematen as obras o local contará cun sistema de calor/frío para desfrute das instalación por parte das persoas que realizan alí actividades, é á vez permitirá un aforro importante nos costes enerxéticos que ten que afrontar o concello.