๐ฅ COMER NA VIDA REAL
A alimentación saudable ten que encaixar na nosa vida real: nos nosos horarios, nas nosas posibilidades, nos nosos gustos e no noso día a día.
Por iso, desde o Concello de Pontecesures propoñemos o obradoiro “Comer na vida real”, con ferramentas prácticas para axudarnos a tomar decisións máis saudables sen caer en complicacións nin en dietas imposibles.
๐ฅฆ Un espazo para reflexionar sobre a nosa alimentación e aprender recursos que poidamos aplicar no día a día.
๐ฅ Dirixido á cidadanía en xeral
๐ Planta semisoto do Concello
๐
5 de outubro de 2026
๐ 16:30 h
๐ฉโ๏ธ Dirixido por Adriana Peña, dietista-nutricionista.
โ ๏ธ Prazas limitadas!
๐ Inscricións:
986 55 71 25 / 670 51 28 14
Data da publicación